Ao límite.

Ao límite é un thriller repleto de emocións ambientado nun mundo no que se cruzan a política e os grandes negocios.

Thomas Craven (Mel Gibson), membro do corpo de policía de Boston, é un veterano detective de homicidios e pai solteiro. Cando encontran a sua única filla, Emma, de vintecatro anos (Bojana Novakovic), asasinada na escaleira da casa de seu pai, todo o mundo da por feito que o obxetivo do asasino fora él. Craven pronto sospeita que non foi así e embarcase nunha misión para esclarecer a vida secreta da sua filla e seu asasinato. A investigación conducelle ao perigoso e engañoso mundo dos encubrimentos corporativos, a complicidade do goberno e o asasinato. A búsqueda solitaria de Craven  transformase nunha odisea de descubrimiento emocional e de redención.

O estreno será este 26 de febreiro.

 

Spiderman terá que loitar por primeira vez contra unha villana?  

Así é, agora comenzouse a rumorear que a cuarta parte da saga de Spiderman contará cunha villana, así que parece ser que a última información filtrada respecto a que só habría un villano na película pode ser mentira. 

E ti que opinas sobre este rumor? Anímate e fai a enquisa que hai abaixo.


Avatar en DVD e Blu Ray.

Avatar saldrá á venda en DVD e Blu Ray dende o 22 de abril (data que coincide co día da Terra), aínda que saír á venta ese día non é unha coincidencia, J.C.decidiu que fora así.

Pero ademais o propio James Cameron comentou que saldrá á venda en 3D Blu Ray a partir do próximo mes de novembro. Sen dúbida unha gran ocasión para poder explorar o formato.

Dende que chegou aos cines de todo el mundo, o pasado 18 de decembro, foi o líder indiscutible da taquilla. Ás poucas semanas foi a película mais taquillera da historia a nivel mundial, superando a Titanic. Actualmente Avatar leva unha recaudación que supera os 2.400 millóns de dólares. Cameron xa traballa en Avatar2 e según rumores, hay plans para un Avatar3. A franquicia non pode parar.

Millenium 3:A raiña no palacio das correntes de aire. 

A tensión desatase no final da triloxía Millennium a obra mestra de Stieg Larsson. O estreno será o 5 de marzo.

Sipnose

Tralo seu enfrontamento casi fatal con Zala, Lisbeth Salander é levada a toda presa ao hospital cunha ferida na cabeza que ameaza a sua vida.

Zala, que foi conducido ao mesmo centro médico, encuentrase en similares condicións. Con habilidade e algo de sorte, Lisbeth consegue librarse deste perigo sen necesidade de matar ou facerse matar.

Pero agora encuentrase baixo custodia, á espera de un xuicio polo intento de asasinato de Zala.

Mikael Blomkvist está xunto a Lisbeth, e explora o tráxico e escuro pasado da xove en busca de pistas que poidan probar a sua inocencia.

Tralo agónico final de "A moza que soñaba cun mixto e un bidón de gasolina", esperamos quedar ben satisfeitos coa derradeira entrega da saga.

Ana Iglesias Calviño 

Make a Free Website with Yola.