Alicia no país das maravillas.

Walt Disney Pictures e o director Tim Burton traenos unha fantasía épica en 3D, unha volta de torca a un dos contos mais queridos de todolos tempos.

Alicia ten 19 anos, asiste a unha festa nunha mansión victoriana, na que viviu na sua infancia, onde descobre que está a punto de recibir unha proposta de matrimonio frente a un montón de xente estirada da alta sociedade. Escapase e corre tras un coello branco que entra nun burato ao pé dunha árbore cortada. Alicia sigue ao coello e cae no país das Maravillas, un lugar que visitou hai 10 anos pero do cal non recorda nada. Dillen que ela é a única que pode matar ao Jabberwocky, un dragón controlado pola Raíña Vermella. O país das Maravillas era un reino pacífico ata que a Raíña Vermella derrocou a sua irmá, a Raíña Branca. As criaturas do país das maravillas esperan que Alicia lles axude, e a sua vez lle axudarán a recordar a sua primeira visita ao máxico reino.

 

O camiño e o cine galego, na revista "Variety".

A revista norteamericana dedicou un artigo ao Camiño de Santiago no que describe os estreitos lazos que unen á Ruta Xacobea e o cine. Na reportaxe, titulada “St. James in film flurry”, descríbese o Camiño como un escenario de rodaxe natural para moitos directores de cine.

Os autores do artigo –John Hopewell e Martin Dale– repasan as principais producións cinematográficas que se realizaron recentemente en Galicia e outros puntos do Camiño. De feito, a rodaxe nestes momentos de “The way” (“O Camiño”), dirixida por Emilio Estévez e protagonizada por Martin Sheen, motivou esta reportaxe sobre a Ruta Xacobea.

Hopewell e Dale vinculan ao Camiño o “lanzamento internacional” da industria cinematográfica galega, á que perciben en continuo crecemento. Ademais, subliñan que “Galicia achou unha marca de cine de 1.196 anos de antigüidade”.

“Variety” explica que o forte auxe do cine con localización galega ten a súa causa no compoñente espiritual do Camiño de Santiago, que ten un enorme potencial narrador. A revista salienta a ampla serie de edificios históricos e monumentos que zarrapican o Camiño de Santiago, xa que achegan impresionantes localizacións para as rodaxes.

Os autores do artigo salientan tamén que aínda que Madrid e Cataluña son as principais rexións para a filmación en España, Galicia ocupa unha posición crucial na matriz da industria cinematográfica. O crecente recoñecemento do Camiño permite a Galicia camiñar de cara ao futuro con rixo, o que pode mesmo reactivar a súa economía, escriben.

En conclusión, “Variety” presenta aos seus lectores o Camiño de Santiago como un gran estudio de cine.

 

E.S.O: Entidades Sobrenaturales Ocultas. 

Nun Instituto de Secundaria, un grupo de alumnos (Maria, Sonia, Paula, Pol e Esteban) forman unha panda moi unida. A chegada de Axia, unha rapaza con especial sensibilidade cara os temas sobrenaturais, lles fascina e a incluen no grupo.

Con motivo do 50 aniversario do Instituto, inicianse unhas obras de mellora das instalacións e a tutora do curso, Laura, lles propón un traballo sobre a sua historia. Empezan a reunir información e descobren que, durante a Guerra Civil algúns de ésos túneles, fundironse sepultando ás persoas que se escondían neles. Isto sucedeu no seu Instituto, varios nenos quedaron sepultados e as persoas sepultadas "aparecense" nos sitios onde morreron. Cando entran no túnel a aventura conviertese nun pesadelo…

E.S.O, película de Santiago Lapeira, estrenarase o 23 de abril nos cines españois.


Elsa Pataky apoia a loita contra o cáncer de mama. 

¿O obxetivo? Unir forzas e recaudar fondos para loitar contra o cáncer de mama. ¿A protagonista? A actriz española Elsa Pataky. ¿O resultado? Un impactante puzle no que aparece a intérprete en coiros, cubríndose o peito xunto ao lazo rosa que simboliza a guerra contra esta enfermidade. 

Compartir esta noticia[x]

Así plasmouse a colaboración solidaria contra o cáncer de mama entre a firma ghd e Elsa Pataky, quen non dudou en unirse a este proxecto, convirtíndose na protagonista da imaxe deste puzle solidario. Os beneficios obtidos pola sua venta destinaránse á fundación FERO.

¿Qué es esto?



Cómo conseguilo. O puzle podrase encontrar nas peluquerías ghd autorizadas e en http://www.ghdhair.com/es/ a un precio de 15 €.

Ana Iglesias Calviño 

Make a Free Website with Yola.