Non hai plan B.

A serie de televisión O Equipo A, todo un éxito da pequena pantalla nos anos oitenta do século pasado, chega ao cine cunha cinta de acción cun curioso reparto. No que vemos nomes como o de Liam Neeson ou Bradley Cooper entre outros.

O argumento de O Equipo A é o coñecido por todos (ao menos todos os seguidores da serie). Un grupo de soldados de élite, agora enfrascados na guerra de Irak, son condenados por un delito que non cometeron. Deciden poñer pes en polvorosa e convertirse en soldados de fortuna. E de paso tratar de limpar o seu nome.

O equipo A ten previsto aterrizar en España o 18 de xuño.


New Moon arrasa nos MTV Movie Awards 2010.

New Moon, a segunda entrega da saga Crepúsculo, foi a gran triunfadora dos MTV Movie Awards. A película alzouse con cinco premios incluidos os máximos galardóns para os seus protagonistas: Robert Pattinson e Kristen Stewart.

Os premios MTV de cine, que decide o público coas suas votacións a través da Internet, volveron a coronar ao fenómeno creado por Stephenie Meyer. Se o ano pasado arrasou Crepúsculo, este ano o turno foi para New Moon que se levou cinco cubiletes de flocos de millo dourados.

A cinta dirixida por Chris Weitz alzouse cos premios á mellor película, mellor actuación feminina (Stewart), mellor actuación masculina (Pattinson), superestrela mundial (Pattinson) e mellor bico (Stewart e Pattinson).

De feito, Robert Pattinson e Kristen Stewart quixeron simular no escenario o bico polo cal foron premiados, aínda que as bromas e as risas non nos permitiron ver de todo ese gran momento.

 Claro que a gala foi moito mais que Crepusculo. Outros dos premios que se repartiron, por exemplo, foi o do mellor villano, Ton Felton, que é Draco Malfoy na saga do famoso feiticeiro Harry Potter. Tamen houbo moito espectáculo; Tom Cruise, caracterizado como o productor deslinguado Les Grossman, de Tropic Thunder, sorprendeu pola sua destreza ao marcarse uns bailes con Jennifer López.

Os premios foron unha gran velada no que o público e os nominados pasárono moi ben.

The Last Song. 

Basada na última novela do escritor de best-sellers Nicholas Sparks "A última canción" (The last song) desenrrolase nunha pequena localidade costeira do sur dos Estados Unidos.

Alí, un pai ata agora pouco presente (Greg Kinnear ten a oportunidade de pasar o verán coa sua filla (Miley Cyrus), unha adolescente bastante rebelde á que lle houbera gustado quedarse en Nova York. Intenta conectar con ela a través do único que teñen en común: a música.
Tratase dunha historia sobre a familia, a amizade, os segredos e a salvación, ademais dos primeiros amores e as segundas oportunidades. A película está dirixida por Julie Anne Robinson basado nun guión de Sparks e Jeff Van Wie.

 “The Last Song” é o libro nº15 publicado polo escritor de best-sellers Nicholas Sparks. Outros libros de éxito de Sparks son "O diario de Noah", “A mensaxe” e “Noites de tormenta”. Aínda que varias das suas novelas se levaron ao cine, "The Last Song" é a primeira que da o salto á gran pantalla o mesmo ano da sua publicación.

Unha notación interesante é que David Bisbal o famoso cantante español fai un dueto que é unha variación de "When I look at you" cantada man a man con Miley Cyrus onde o artista canta en castelán e Miley en inglés.

Aquí tendes o link que vos conducirá ao estupendo videoclip.

http://www.youtube.com/watch?v=hxgJ2VUag64&feature=channel



Sexo en Nova York 2. 




Iso que tendes ahí arriba é o último e chamativo cartel de ‘Sexo en Nova York 2’, a continuación daquela película que trasladou á gran pantalla a famosa serie de televisión da HBO. A segunda parte estrenouse o 27 de maio e ante a inminente chegada do mundial de fútbol (ata as narices xa de “todos con la roja”), que vai restar moito público aos cines, os da distribuidora decidiron apostar por esta curiosa imaxe publicitaria, na que hay máis do que se ve a primeira vista.


Ana Iglesias Calviño 

Make a Free Website with Yola.